Ir al contenido principal

CL-A flor de piel, de Javier Moro



  



No mes de novembro, que estamos case rematando, o Club de Lectura da biblioteca de Sober tivo a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un  maior numero de vítimas, a viruela.  A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis.


Carlos IV outorgaralle a súa axuda e suxírelle como axudante a outro médico ben dotado de coñecementos, o Dr. Josep Salvany. A eles uniranse enfermeiros e practicantes e o máis importante de todo, os portadores do fluído da vacina, un grupo de nenos que irán a cargo dunha muller, ISABEL ZENDAL, reitora da inclusa de A Coruña, que se embarca nesta aventura denominada Real expedición filantrópica da vacina, có fin de mellorar a súa condición social.




 O autor : Javier Moro



BALMIS, EL ILUSTRADO TENAZ



Para completar as ensinanzas deste libro o club de lectura mantivo un encontro con 
María Rodríguez Trigo, enfermeira do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, que nos falou  da orixe da enfermidade da viruela, e da orixe da vacina . 
Moitas grazas por   compartir os teus coñecementos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán