Ir al contenido principal

El niño en la cima de la montaña, de John Boyne


París, 1935. O primeiros sete anos da vida de Pierrot, de pai alemán e nai francesa,están marcados polo candor dunha infancia non moi distinta da de calquera outro neno. Pero do mesmo xeito que para millóns de persoas, a guerra cambiarao todo. Tras a morte prematura dos seus pais, Pierrot ten que abandonar París e separarse do seu íntimo amigo Anshel, un neno xudeu da súa mesma idade. Deberá viaxar só ata Alemaña para vivir coa súa tía Beatrix na misteriosa casa na que está empregada. E non se trata dunha casa calquera, senón do Berghof,a enorme residencia que Adolf Hitler ten no alto dunha montaña nos Alpes de Baviera.

Ata a súa chegada a Alemaña, o pequeno Pierrot —que agora se chama Pieter— non sabía nada acerca dos nazis. Agora, acollido na contorna íntima do todopoderoso Führer, verase envolvido nun mundo tan extrañamente sedutor como perigoso, no que non haberá lugar para a inocencia. Ao final da guerra, Pieter logrará regresar a París en busca de algo que lle permita aliviar o peso da súa culpa, e nas últimas páxinas, un sorprendente desenlace obrigará ao lector a reinterpretar un aspecto crave da historia que revela a insondable dimensión do perdón e a amizade.

Case dez anos despois do neno co pixama de raias, John Boyne volve escribir sobre un neno que sofre as consecuencias do horror nazi e, neste caso, logra pouco menos que unha proeza: espertar na lector compaixón e empatía por quen comete o crime atroz da traizón e o silencio.

ATOPARÉMOLO NA BIBLIOTECA   : narrativa, novidades


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán