Ir al contenido principal

CL-Tú no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff



O club de lectura da biblioteca comezou o ano 2017 coa lectura de TÚ NO ERES COMO OTRAS MADRES

Esta é a historia de Else Kirschner, xudía alemá nada en Berlín  a comezos do pasado século. 
Trátase dunha  biografía que está escrita pola súa filla pequena Angelika Schrobsdorff.

Dende que comeza a novela dámonos conta de que Else é unha muller singular e que destaca dende meniña na sociedade na que se desenvolve. Son os "felices anos 20 "do século pasado, e Berlín é unha cidade chea de liberdades ;  as vangardas artísticas atraen a esta muller que levará unha existencia fóra das normas e barreiras propias da sociedade que a rodea.

O futuro chega sen darse conta  tanto para Else coma para as persoas que a rodean. Sufrirán, coma tantos outros, os horrores do holocausto e a Segunda Guerra mundial. 


A autora 



Angelika Schrobsdorff, nace o 24 de decembro de 1927, en Friburgo, Alemania, e faleceu o 31 de xullo de 2016 en Berlín aos 88 anos de idade. Foi escritora e actriz. Tiña a nacionalidade alemana. Estivo casada có cineasta francés Claude Lanzmann .
Creceu en Berlín máis en 1938 ten que exiliarse coa sua nai e irmá a Sofía, Bulgaria, onde permanece ata ó remate da 2ª guerra mundial. Viviu en París e tamén pasou tempadas en Xerusalén.
A súa primeira novela "Die Herren", publicouse en 1961 ; posteriormente publicou una ducia de libros, algún deles sobre Bulgaria. "Tú no eres como otras madres", considerouse un best-seller e tamén foi levada ó cine. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán