Ir al contenido principal

O venres na biblioteca : os topónimos


O venres  15 de decembro, os asistentes as MERENDAS CON CONTOS, poderán participar nunha actividade moi divertida : TOPONIMÍZATE 

                         A secretaría de Política lingüística pon en marcha este programa :
"Contaremos coa conferencia do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. 

Nela falarase de toponimia galega (os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial...) e tamén da propia de cada Concello (significado dos nomes das parroquias e das aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos; utilidades desta ferramenta...). 


Ademais, nos concellos que teñan sen recoller a súa microtoponimia -é dicir, os nomes de leiras, camiños, fontes, penedos...- mostrarase unha app que lles permitirá aos veciños e veciñas colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é o noso orgullo."




Os nenos e as nenas que se acheguen esta tarde ata a Biblioteca   DESEÑARÁN  adornos de nadal na AULA DE INFORMÁTICA, nos que poderán incluir os topónimos do noso Concello que aprenderon nesta xornada. 

Con eles decorarán a árbore da Biblioteca de Sober




Convidámosvos a participar nesta divertida actividade


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán