Ir al contenido principal

Zocas e decibelios, de Ramón Sandoval


Chega á Biblioteca de Sober o último dos poemarios de RAMÓN SANDOVAL  :


ZOCAS E DECIBELIOS



Ediciones La Rectoral e Concello de Sober editan este volume que  conta con reproducións adaptadas sobre debuxos orixinais da serie "Sólo loco, sólo poeta", de MAR SABATER





Este volume componse de dous poemarios . O primeiro , Cartografía da infancia, relata vivencias da nenez. O segundo, de temática urbana, leva por nome A pel do asfalto.


Ramón Sandoval, procede da parroquia soberina de Barantes. Da súa producción destacamos o libro Territorios estraños, que  foi galardoado co premio de poesía Victoriano Taibo, concedido no municipio pontevedrés de Gondomar. Tamén gañou recentemente en Paradela o premio literario Manuel Orestes Rodríguez.

Podemos atopar este libro na estantería de poesia en galego :  G-P/SAN/zoc

Aquí deixamos unha mostra 

SOÑOS

Os soños eran limpos
e sen fronteiras.

Nada que temer do futuro
nin nubeiros no horizonte.

Soñaba cun mundo
de cabaleiros valentes
de princesas fermosísimas
de castelos encantados
onde o dragón de ollos de lume
mordía o po ferido de morte
pola miña espada de madeira.



CARTOGRAFÍA DA INFANCIA, páx. 23



Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán