Ir al contenido principal

CL-Madama Crisantemo, de Pierre Loti



Lectura programada para as vacacións de Semana Santa e que o CL Pintor de Castinande comentou na última reunión do día 4 de abril. 


Madama Crisantemo, de Pierre Loti, narra en forma de diario os tres meses  que estivo  en Nagasaki  este oficial de mariña e tamén novelista.

 Durante o verán de 1885 Loti permanece nesta cidade xaponesa  mentras reparan a goleta na que navega polo mundo. 

Chega ata  Xapón có soño de casar cunha moza que lle serva de distracción durante a súa estancia en terra. Eran matrimonios mais ou menos legais, consentidos polas autoridades. Pactaban coas familias e "alugaban" a mozas que as veces eran case nenas, e cando marchaban deixábanas sen remordemento ningún. 

A editorial Ediciones del Viento recolle obras de autores que trancorren en lugares exóticos. No CL Pintor de Castinande temos lido xa varias obras publicadas por esta editorial  e destacamos : 
"Diario de un fiscal rural", ambientada en Exipto ; "El país de las sombras largas", sobre a vida dos innuits ; "Orient Express", na que John Dos Passos relata a súa viaxe neste mítico tren dende París ata Damasco. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán