Ir al contenido principal

CL-O Club de lectura vaise de vacacións


 MontsRivera presentou  a súa proposta CÓNTOCHE UN TRAXE o xoves   14 de xuño ante os integrantes do CL Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober. 


Ao longo de dúas horas fixo unha  excelente  posta en escea, presentando a historia do traxe  en Galicia, como e onde se facían as roupas, os tecidos e a diferenza entre homes e mulleres así como as roupas de traballo e de gala. 

Contou coa axuda de catro asistentes ao acto que serviron de modelos mostrando a maneira de vestirse.  Acompañando a presentación da roupa, Montse interpretou cantigas adicadas a distintas pezas  e relatos recollidos en diferentes zonas de Galicia. 
Puidemos tamén coñecer a roupa dos nosos devanceiros a través dunha selección de libros expostos durante o acto.



Con esta actividade o CL Pintor de Castinande remata as reunións semanais ata o mes de setembro no que voltaremos á biblioteca con novas historias para compartir. 





Felices vacacións de verán para tod@s

Os integrantes do CL despiden o curso cunha boa merenda. 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán