Ir al contenido principal

O maio das LETRAS GALEGAS

A programación que a biblioteca de Sober desenvolve  durante o mes de maio xira en torno á celebración do 17 de abril, DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  que homenaxea neste 2019 o traballo feito por ANTONIO FRAGUAS (1905-1999).

En colaboración coa Biblioteca de Lugo e coa participación das bibliotecas municipais da provincia, convocamos o Certame de narración e debuxo infantil, no que levamos participando xa durante moitos anos. Nesta convocatoria presentáronse debuxos e narracións , que podedes atopar nunha publicación anterior do noso blog. 

As actividades dos máis novos desenvolvémolas os días 10 e 24 de maio, coa II ginkana das Letras e a realización dun play cómic adicado a Antón Fraguas.





A través dos libros e a súa lectura na biblioteca,  e tamén coa búsqueda en internet descubrimos e coñecemos a vida e o traballo realizado por Antón Fraguas , atopando os seus estudios e bo facer nas Irmandades da Fala, O Seminario de Estudos Galegos e como  Director do Museo do Pobo Galego. 
A través do xogo , descubrindo pistas nesta II Ginkana das Letras da biblioteca de Sober, celebramos unha festa que é a da nosa fala , a da nosas letras.

Gracias as novas tecnoloxías os nenos e as nenas participantes nas Merendas con contos, realizaron un cómic adicado a ANTONIO FRAGUAS;  sempre con moita imaxinación quedou moi fermoso.


O mércores 15 de maio o CL Pintor de Castinande participou nun encontro có escritor monfortino ANTÓN VALCARCE

Fíxose nesta tarde a presentación da súa última novela, Soños de chicolate.
Durante este encontro poidemos desfrutar coa palabra do autor lendo algún anaco da novela, así como tamén da lectura de poemas na voz de Mª Rocío Rodríguez e Toño Vidal . 
Grazas por vir ata Sober a  compartir lecturas con nós. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán