A  BPM de Sober está en proceso de integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , grazas a implantación do sistema de xestión bibliotecaria Koha e a creación dun catálogo colectivo único.    Este catálogo ten un dobre obxectivo:           A creación dun catálogo colectivo e dun carné de lector único  válido para a todas  as  bibliotecas públicas da rede que permita a unificación dos servizos que se ofrecen.       Este novo sistema facilita o labor dos técnicos bibliotecarios a través dunha xestión unificada e eficaz ; ao mesmo tempo unha serie de vantaxes para o usuario como son :    acceso aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede.  consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia .  servizos online sen ter que desprazarse á biblioteca, como poden ser solicitar o carné de rede , reservar libros e  renovación de préstamos.  posibilítase tamén o acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe .       Dende finais deste mes de...