Ir al contenido principal

A Biblioteca de Sober no Catálogo Colectivo





A BPM de Sober está en proceso de integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, grazas a implantación do sistema de xestión bibliotecaria Koha e a creación dun catálogo colectivo único.

Este catálogo ten un dobre obxectivo:


A creación dun catálogo colectivo e dun carné de lector único válido para a todas as bibliotecas públicas da rede que permita a unificación dos servizos que se ofrecen.

Este novo sistema facilita o labor dos técnicos bibliotecarios a través dunha xestión unificada e eficaz ; ao mesmo tempo unha serie de vantaxes para o usuario como son :

  • acceso aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede.
  • consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • servizos online sen ter que desprazarse á biblioteca, como poden ser solicitar o carné de rede, reservar libros e renovación de préstamos.
  • posibilítase tamén o acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe.


Dende finais deste mes de xullo, concretamente o día 22, a BPM de Sober estará integrada na Rede  de Bibliotecas Públicas de Galicia con todos os cambios que esto supón para os usuarios da mesma. Destacable será a ampliación do prazo de préstamo, e que vai haber un carné único para todas as bibliotecas da rede, polo que sendo socio dunha das bibliotecas da rede, se poderán levar materiais de todas as bibliotecas que formen parte dela. 


Será imprescindible presentar o novo carné , que se vos imos a facilitar , para poder levar calquer tipo de material da biblioteca ( libros, películas...).

Podedes achegarvos ata a biblioteca de Sober 
( antes do día 22 de xullo ) para preguntar por todos estes cambios e así tamén comprobar que os vosos datos de usuario están actualizados. 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán