Ir al contenido principal

CL- Patria, de Fernando Aramburu


Comenzamos o curso 2019/2020 coa novela PATRIA, de Fernando Aramburu.

 O que nos conta esta extensa obra, ten máis de 600 páxinas, é algo que foi cotián durante máis de 40 anos na sociedade vasca e que se prolongou  dende mediados dos oitenta ata tempo despois do cese definitivo da violencia de ETA no 2011 ; o que comezou como unha loita contra a ditadura do Xeneral Franco pasou a ser a loita pola independencia de Euskadi, sen importar os métodos que se usasen. 

O autor centra a acción da súa novela nunha imaxinaria localidade de Guipúzqua. Neste pequeno pobo, onde todos se coñecen, dúas familias amigas de sempre ven como as circunstancias políticas sepáranas de forma total.
 Destaca neste relato a fortaleza dos  personaxes  femininos : Bittori, Miren e Arantxa, que son o eixo da historia, mulleres fortes que sufren a crudeza do momento que lles tocou vivir . O libro remata cunha chamada a esperanza ; os esforzos das tres mulleres por pechar as feridas emocionais dan resultado aínda que perduren os sufrimentos causados pola sinrazón e a crudeza dos acontecementos pasados.  

O autor : FERNANDO ARAMBURU
(San Sebastián 1959) é un poeta , narrador e ensaísta. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Zaragoza, participou na súa cidade natal na fundación do grupo CLOC, que editaba unha revista cultural. Dende 1995 reside en Alemania, onde se adica exclusivamente á creación literaria. 
A súa obra



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán