Ir al contenido principal

Recomendacións lectoras : #a hora do conto

 De luns a venres ás 5 da tarde é #a hora do conto, unha iniciativa das bibliotecas municipais para estes tempos de aillamento na casa.

Cada tarde, as 5, unha das bibliotecas participantes propón a lectura dun conto infantil na rede. 
 A BPM de Sober comparte estas lecturas no facebook do Club de Lectura Pintor de Castinande :

 
 Aquí vos deixamos unha selección dos publicados ata o de agora. Agardamos que os disfrutedes ¡¡¡
 
Un conto que nos trae unha reflexión moi propia para estes días: Non sempre se pode ter o que se quere : https://youtu.be/caEQQ7aujHQ

✅  Un conto cheo de cores  cunha personaxe ben  divertida:
Elmer si que facía brincadeiras moi boas pero Elmer tamén nos ensina a importancia de non nos esconder e ser cada unha/un como realmente é :https://youtu.be/T3u0AoA-E-s 

✅ Presentamos unha familia de ratiños moi unida:
O ratiño Frederick ten unha fermosa familia, pero Frederick é un pouco diferente aos demais ... Unha historia sobre o respecto e a individualidade : https://youtu.be/qxQsKS-8raE

✅  O Grúfalo” de Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler :  conta a historia dun pequeno rato que se vai atopando cunha serie de animais que desexan comelo pero facendo uso da súa astucia consegue saír desa situación : https://youtu.be/KmHgPDZW0h4

✅ "Cuidado con la rana" é a historia, orixinal e un tanto surrealista, dunha anciá encantadora que se chama Desazón Zozobra que vive nunha casa á beira dun bosque "negro como a boca do lobo". Con ela vive a súa querida ra, que constantemente a salva dos perigos que a axexan. Pero un día ocorrerá algo inesperado : https://youtu.be/T8agS3P9Ezs

 #a hora do conto
#eu quedo na casa e leo
#bibliotecas municipais

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán