Ir al contenido principal

Mañá na biblioteca : contos e tamén teatro

 

 Rematamos as actividades de novembro coa seguinte proposta. Agardamos que sexa do voso agrado.

 

📣A partir das seis da tarde teremos unha función teatral dirixida a un publico familiar que nos contará a historia de SONÓLICUS. Este neno sempre  dorme ben pegadito á xanela e o último que ve antes de pechar os ollos é a cara redonda e brillante da lúa.

 Así é como empeza a aventura dun neno que vai crecendo cunhas inmensas ganas de chegar á lúa e que acabará converténdose no mellor amigo dos nenos e nenas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán