Ir al contenido principal

Novidades no catálogo : libros de poetas e de poemas

 

Nova edición de Pórticos do gozo  : poemas a Pantón do escritor, historiador e poeta Xosé Lois García, editado polo Concello de Pantón (Lugo).

En palabras de Flora Enríquez, autora do prólogo, "o autor plasma neste poemario un mundo primixenio no que palpitan as forzas telúricas que inflúen nas xentes que habitan un territorio".

Atopámolo na biblioteca na seción de poesía galega G-P



Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca ; descobre a cidade con 18 anos, por primeira vez o 25 de outubro de 1916 durante unha viaxe de estudios por Galicia e regresará tres veces máis. 

Neste libro,   escrito e editado por Henrique Alvarellos, coñecemos algún dos versos inéditos de Poeta en Nueva York , ademais de camiñar có poeta polas rúas da cidade nun relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos.

Atopámolo na biblioteca en biografías G-B




 Un fermoso cómic escrito por Kike Benlloch (A Coruña , 1974) e ilustrado por David Rubín (Ourense, 1977) que nos acerca en formato de viñetas á vida e a obra de Uxío Novoneyra, poeta e escritor de Parada de Courel .

Atopámolo na sección de cómic, BD




Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.