Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : O SIL


 

Obradoiro de narración oral con Carmen Conde, de Tarabela Creativa.

Guiada polo espírito de Rodari, percorre Galicia ensinando  a través do xogo ás nenas e ós nenos a contar o que lles preste inventar. Traballa a expresión oral, o maxín, o discurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita. Chegou a Sober no programa de animación á lectura Ler Conta moito.

✅ Para rematar o mes de xullo desplazámonos ata o emabarcadoiro Ponte do Sil, para navegar polo río remando nos kayak que xestiona a empresa @boralaventuras.



✅Obradoiro de arquitectura para nenos e nenas : Obradoiro de arquitectura con Ana e África de @tallerabierto.


Os nenos e nenas participantes elaboraron duas  maquetas da praza de Sober, que previamente observaron e debuxaron nos seus cadernos. Estes pequenos arquitectos coñeceron os principios básicos que leva acabo un arquitecto, cunha aproximación atenta e detida ao seu contorno.Un estudio das casas e construccións máis singulares, así como dos materiais utilizados. Unha experiencia que queremos repetir.

 

 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán