Ir al contenido principal

Presentacións literarias

 No mes de outubro a Bpm de Sober participa na presentación de dúas novelas realizadas por dúas autoras que teñen moito que dicir do noso Concello.

Eleonor Gil presenta "La hora de las golondrinas", acompañada polo Alcalde de Sober, Luís Fdez. Guitián, e un bo número de veciños que se achegaron ata biblioteca para escoitar a esta autora con vínculos familiares na parroquia de Anllo.

 Entrevista coa autora realizada no xornal La Voz de Galicia.

 
Para Moncha Prieto "Alma de barro : relatos da Ribeira Sacra ", é a súa primeira obra, despois de anos escribindo , polo que a presentación en Sober foi moi emotiva e tamén moi participativa. Acompañaron a Moncha , o Alcalde, Luís Fez Guitián, o editor, Fran Alonso e o radiofonista J. Luís Osorio, que actuou como moderador.


Entrevista coa autora no xornal El Progreso

 

Dúas novas obras que xa están no noso catálogo listas para préstamo. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán