Ir al contenido principal

O Eirado das Letras : outubro-decembro 2021

 Na segunda quincena do mes de outubro comezan as actividades de animación á lectura dirixidas aos usuarios adultos da nosa biblioteca. 

As reunións semanais teñen lugar os martes a partir das 18:00h. , repartindo este  tempo entre a lectura en voz alta que se fai todos os martes ( espazo do Club de lectura Pintor de Castinande)  e outras seccións que van mudando todas as semanas,  as denominadas  : historia de vida, historia das cancións, mundo dixital e estimulación cognitiva.  

O día 19 de outubro iniciamos a lectura en voz alta  con  "Alma de barro" de Moncha Prieto,


integrante do CL Pintor de Castinande. No último trimestre do ano 2021 lemos a maior parte dos relatos que conforman este libro, analizados e debatidas coa propia autora . Lemos "Sardiñas fritidas ", "Vitoriano e Amelia", "Un anaquiño de ceo", "As capadoras", "Longa espera"...

Na primeira reunión estivo con nós Alberto Fernández, colaborador da Biblioteca Pública de Sarria, para coñecer como se desenvolve unha sesión do noso CL pois nesa localidade teñen un proyecto de cl para a biblioteca e querían información do desenvolvemento das sesións . A partir desta visita de Alberto, comeza unha colaboración  coa biblioteca de Sarria que nos leva ata esta vila o día 23 de novembro. Coñecimos a biblioteca pública e tivemos visita guiada polas rúas e edificios máis representatativos, sempre acompañados por Alberto. 
Casa da cultura de Sarria onde se atopa a biblioteca pública municipal.


Foto no lugar denominado O Chanto.
En relación coas novas tecnoloxías utilizamos as tabletas para realizar un kahoot sobre o nadal, e así coñecer formas diferentes de celebración nas distintas partes do mundo. Grazas a esta ferramenta introducimos o xogo na biblioteca para as persoas maiores, a través de preguntas tipo test, que provocan diversión e ademáis debate e conversación.

A segunda lectura proposta foi "Asesinato en la plaza de la farola", de Julio César Cano.


 Un vagabundo aparece brutalmente asasinado no caixeiro dunha oficina bancaria da céntrica Praza da Independencia de Castellón de la Plana, coñecida popularmente como a Plaza de la Farola. O inspector Bartolomeu Monfort trasládase desde Barcelona para traballar no caso.

 Este será o primeiro libro  dunha serie que, Julio César Cano  (1965, Capellades, Barcelona) , empezou a escribir despois de traballar durante anos como músico e mánager de grupos. 

Rematamos o último trimestre do ano con esta entretida lectura ,unha novela policial que nos atrapa e nos leva a coñecer unha parte moi fermosa da comunidade valenciana, coas súas costumbres, gastronomía e paisaxes. 

Antes das vacacións de nadal realizamos una xornada adicada a orixe das panxoliñas, con lecturas de villancicos de diferentes partes do mundo.

Voltamos o día 11 de xaneiro do 2022 con novas propostas. Bo nadal.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán