Ir al contenido principal

Día do Libro Infantil

 O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

      Selecionouse esta data xa que é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen que foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo: O parrulo feo, Pulgariña, O soldadiño de chumbo, a Sereíña...


 Na biblioteca de Sober  realizamos lecturas dos seus contos e tamén un obradoiro de flores e libros de papel : LETRAS ENTRE FLORES  en colaboración coas persoas maiores do Eirado das Letras.
Aquí deixamos unha mostra dunha fermosa tarde.



 

Tamén mostramos as novas adquisicións da biblioteca para os cativos : 

NOVIDADES NO CATÁLOGO


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán