Ir al contenido principal

Ciberseguridade : contacontos

 

Na biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober tivemos un contacontos sobre ciberseguridade, para o que contamos con Polo Correo do Vento.

 A través do conto, o debuxo e a música coñecemos e escoitamos falar dos riscos que podemos atopar na internet. Unha forma sinxela e lúdica de aprender a moverse pola rede dun xeito seguro.


Os alumnos/as de 4º,5º e 6º de primaria asistiron a este acto 
 e xa no remate tamén practicaron o debuxo.

Nesta actividade colaboramos as dúas bibliotecas de Sober, grazas a proposta de AMTEGA
 ( Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia ) .

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán