Ir al contenido principal

CL-El bar de las grandes esperanzas, de J.R. Moehringer


 O CL Pintor de Castinande ven de rematar a lectura e as sesións adicadas a esta novela, que foi a protagonista do mes de xaneiro. 

Novela autobiogáfica de J. R. Moehringer. O autor e protagonista desta obra crece coa súa nai, pois o seu pai abandonounos cando era un bebé. O neno coñece a identidade do pai, un DJ de Nova York, que ten un programa de radio e que escoita habitualmente nun aparato na casa dos seus avós. Ata que esa voz desaparece das ondas. 
Os seus refuxios son a súa nai e o Dickens, o bar do tío Charlie , onde J.R. crecerá ao carón de moitos homes, que farán crecer a este neno, nun mundo de masculinidades diversas : poetas, policías, apostadores ... Alí foxa a súa identidade e tamén o seu destino, a de un neno sensible e intelixente que acabará por entrar na universidade, o soño da súa nai e publicará un libro, acadando o seu soño de ser escritor. 

J.R. Moehringer nace en NY en 1964. Recibiu varios premios lietarios , destacando o Pulitzer de periodismo no ano 2000. Licenciado pola universidade de Yale, comeza a carrera periodística no NYT e ademáis deta novela, destaca a colaboración na redacción da biografía do tenista Andrea Agasssi. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán