Ir al contenido principal

CL- Carta de una desconocida

 

Lectura do mes de febreiro dunha novela xa coñecida por parte dos integrantes do noso CL . 


No ano 2012 tivo moi boa acollida , e pedíronnos repetir a lectura desta pequena pero intensa historia. 

"Solo quiero hablar contigo, decírtelo todo por primera vez...Una vida que fue siempre la tuya desde la primera hasta la última hora". Así comeza o libro de STEFAN ZWEIG , no que ao longo das páxinas descubrimos a confesión dunha muller profundamente namorada dun escritor que a ignora. A autora da carta, que da nome ao título, namórase do protagonista cando só era unha moza ; pasaron os anos e o amor fíxose incondicional, ,máis non correspondido.

É un libro romántico, un monólogo que fala das desigualdades no amor. O tema central é o amor sen límites, case sen lóxica. Un amor solitario e secreto. 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.