Ir al contenido principal

CL-Un jardín en el mar


 A lectura proposta para o mes de marzo é a segunda novela de Pilar Méndez Jiménez , que comparte algún personaxe e tamén ambientes da súa primeira historia "Los mares de la canela".
Esta novela preséntase como un relato histórico, en tres píses diferentes : España (Galicia e Madrid ), Filipinas e China. 
Arranca cunha carta para o lector, na que nos fai recordar a historia de Elba, nacida en Vilaescura , a través das palabras de Aureana, a meiga que a guiará toda a súa vida.
No ocaso do imperio español de finais do século XIX, a autora desenvolve unha trama apaixonante, de misterios , intrigas e descubertas. Coñecemos a formación das loxias masónicas nas Filipinas, sabemos da primeira muller masona, e da súa influencia na declaración de independencia das Illas Filipinas, o 12 de xuño de 1898, cando as forzas revolucionarias filipinas , baixo o xeneral Emilio Aguinaldo, proclamaron a soberanía e a independencia das Filipinas do dominio colonial de España.

A lectura desta novela será a sétima deste curso, e xa a segunda da mesma autora. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán