Como homenaxe ao escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o 2 de abril, aniversario do seu nacemento, o  Día Internacional do Libro Infantil .  Esta efeméride promovida polo   IBBY , a nivel internacional, e polas seccións  que a integran, ten como obxectivo promover a lectura entre os máis pequenos e fomentar o amor pola lectura desde unha idade temperá. Os libros non só son unha fonte de entretemento, senón tamén unha poderosa ferramenta para educar, inspirar e enriquecer a vida da xente nova. Ademais, a lectura fomenta a creatividade, a imaxinación e o pensamento crítico, habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento cognitivo e emocional. (FONTE :  http://www.galix.org/2024/04/feliz-dia-do-libro-infantil.html