Ir al contenido principal

Abril : MES DOS LIBROS

 Dende a Bliblioteca Municipal de Sober, no mes de abril, para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril), levaranse a cabo unha serie de propostas que se realizarán para público infantil e adulto que acoden ao Club de Lectura Pintor de Castinande e ás Merendas con Contos.

📜 A actividade principal será “AS BIOGRAFÍAS DA BIBLIOTECA: @EL HEMATOCRÍTICO”. Escribimos unha biografía de Miguel López (A Coruña, 1976 – Vigo, 2023), mestre de profesión, aínda que destacou polo seu labor como autor de libros infantís.

📅 Os nenos e as nenas de Merendas con Contos farán a presentación deste traballo, o día 19 de abril. Invitamos a todas as persoas interesadas en coñecer e profundizar na figura deste escritor galego.

📙 O Día do Libro (23 de abril) o Club de Lectura realiza unha visita a Celanova para coñecer a Fundación Curros Enríquez.

📘O día 24, todas as persoas que acudan o Centro Sociocultural de Sober, poden levar como agasallo un libro.

📗 Para rematar, o día 26 teremos o tradicional Mercadiño de Libros, xestionado polos nenos e nenas das Merendas con Contos.

📚 Ademais, na Biblioteca estarán expostas durante o mes de abril as Mostras Bibliográficas de H. C. Andersen e de El Hematocrítico.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán