O martes 11 de xuño, ás 18:00h. contamos coa presencia de Soledad Felloza ,  actriz, contadora de historias, fotógrafa e dramaturga.  O seu espectáculo, chamado "ESTRELAS", está cheo  dun montón de historias baseadas na narrración oral galega.  "Estrelas "  "é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena." O CL Pintor de Castinande  acolleu esta actividade de animación á lectura que está incluida no programa Ler Conta Moito. Avoa, que son as estrelas? Preguntou a nena sinalando ao ceo.  O ceo é un espello-dixo a avoa- o que ti chamas estrelas é o reflexo da fogueira pequena  que todos levamos no corazón