Ir al contenido principal

ESTRELAS, de SOLEDAD FELLOZA


  O martes 11 de xuño, ás 18:00h. contamos coa presencia de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa e dramaturga. 

O seu espectáculo, chamado "ESTRELAS", está cheo  dun montón de historias baseadas na narrración oral galega. "Estrelas"  "é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena."

O CL Pintor de Castinande acolleu esta actividade de animación á lectura que está incluida no programa Ler Conta Moito.


Avoa, que son as estrelas? Preguntou a nena sinalando ao ceo. 
O ceo é un espello-dixo a avoa- o que ti chamas estrelas é o reflexo da fogueira pequena 
que todos levamos no corazón


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán