Ir al contenido principal

CL-Sylvia, de Celso Castro

 

Rematamos o primeiro trimestre do CL Pintor de Castinande coa lectura desta novela , Sylvia, do autor coruñés Celso Castro.

Trátase dunha fermosa historia de amor non correspondido. Un home namora de Sylvia, una muller de máis idade ca el, e que está namorada doutro home, de modo que utiliza ao protagonista cando lle convén. Fálanos tamén das relacións nais / pais e fillos, da enfermidade e dos traumas da infancia. 

“Si nunca has suplicado de rodillas que no te abandonen, si no te has arrastrado a los pies de la persona que amas y no la has seguido babeando hasta el ascensor, y por favor que harás lo que quiera, pero por favor…” Este é un exemplo desta novela intensa en sentimentos e emocións, escrita dun xeito particular, onde non se usan as letras maiúsculas nin os puntos para finalizar os párrafos.


O autor, Celso Castro, nace na Coruña no ano 1962. É un escritor e poeta galego que colabora en revistas de poesía: Nordés, Clave Orión, e tamén en magacines literarios e culturais. Sylvia foi publicada por Ed. Destino no ano 2017.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán