Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

Mañá na biblioteca

 

Día da Biblioteca 2025

  A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2025. Desde o ano 2019 incorpórase á celebración o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará presente en todas actividades que se poñan en marcha. Contra a desinformación: bibliotecas O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación. As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa nos contidos e ap...

Colectivo Lemos Le : Día da Biblioteca

                                           COLECTIVO LEMOS LE: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025

Día das Mulleres escritoras

O Día das Escritoras celébrase anualmente o luns máis próximo ao 15 de outubro, co obxectivo de visibilizar e reivindicar o labor das mulleres na literatura. Foi establecido en España en 2016 pola Biblioteca Nacional de España, a Asociación Clásicas e Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE ). O seu propósito é recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o seu traballo e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia. A data elíxese para coincidir co aniversario do falecemento de Teresa de Jesús. O Colectivo Lemos Le participa na celebración do Dia das escritoras con diversas actividades que mostraremos nos distintos perfís das bibliotecas que integran este grupo. Adicaremos este ano a autora soberina, concretamente da parroquia de Gundivós, MONCHA PRIETO. Desta muller escritora destaca o seu compromiso coa nosa cultura galega, participando dende moi nova con diversas asociacións e revistas lit...

Lecturas de medo para o Samaín

Inauguramos un centro de interese terrorífico para o próximo Samaín.   

Lectura no mes de outubro no Club de lectura Pintor de Castinande

Durante o mes de outubro, no Club de lectura Pintor de Castinande, estamos lendo  La villa de las telas de Anne Jacobs.  Trátase dunha saga composta por seis volumes (dos que iniciamos o primeiro) que ofrecen unha trama romántica que se desenvolve nunha gran mansión de Augsburgo, Alemaña no ano 1913. Esta mansión é a da familia Melzer, unha influínte familia adicada á industria téxtil e que agocha un misterio que os levará a un futuro intrigante.

Faladoiro dos luns: marcapáxinas en tea

Na primeira sesión do novo curso do Faladorio dos luns as integrantes realizaron un marcapáxinas en tea guiadas por Rosa Blanco.  Aquí vos deixamos a mostra do traballo realizado e dos preciosos resultados.

Novo curso de O faladoiro dos luns

O próximo luns comeza un novo curso de O faladoiro dos luns.  Nesta primeira sesión realizarse un marcapáxinas con tea con Rosa Blanco.  Pasaremos os tediosos luns en moi boa compañía. Anímate a participar.

Volve o Club de Lectura Pintor de Castinande

O próximo martes, día 7 de outubro, volve o club de lectura 'Pintor de Castinande'. Un curso máis contaremos con esta actividade gratuíta. Queres formar parte? Infórmate na Biblioteca Pública Municipal e anímate a participar.