O Día das Escritoras celébrase anualmente o luns máis próximo ao 15 de outubro, co obxectivo de visibilizar e reivindicar o labor das mulleres na literatura. Foi establecido en España en 2016 pola Biblioteca Nacional de España, a Asociación Clásicas e Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE). O seu propósito é recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o seu traballo e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia. A data elíxese para coincidir co aniversario do falecemento de Teresa de Jesús.
O Colectivo Lemos Le participa na celebración do Dia das escritoras con diversas actividades que mostraremos nos distintos perfís das bibliotecas que integran este grupo. Adicaremos este ano a autora soberina, concretamente da parroquia de Gundivós, MONCHA PRIETO. Desta muller escritora destaca o seu compromiso coa nosa cultura galega, participando dende moi nova con diversas asociacións e revistas literarias, así coma en libros colectivos. Alma de barro.Relatos da Ribeira Sacra, é a súa primeira obra publicada pola Ed. Xerais.

Comentarios
Publicar un comentario