Ir al contenido principal

O CL visita Quiroga

 O martes 4 de novembro as integrantes do CL da biblioteca de Sober visitaron o Concello de Quiroga para celebrar o Día da Biblioteca 2025 . 

Acompañadas por Ramón Vila  visitaron en primeiro lugar  o Museo Xeolóxico Municipal . Este espazo está adicado integramente á interpretación do patrimonio xeolóxico do Xeoparque Mundial da Unesco, Montañas do Caurel. Dividido en salas temáticas, que van dende a formación do territorio, análise do pregamento de Campodola-Leixazós, ata a historia das primeiras ocupacións humanas, idade dos xeos e minería.





Na segunda parte da viaxe o CL visitou o   Museo Etnográfico onde se expoñen aspectos que foron importantes para a vida de Quiroga e o seu entorno. Arte, historia, tradicións e medio natural da cultura do viño, aceite, mel castañas, ferro, madeira , textil  que están representados neste museo a través de moitos obxectos recollidos e doados por persoas da comarca. 



Moitas grazas a Ramón Vila por facernos esta  viaxe a través do tempo . 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán