Ir al contenido principal

CL-La plaza del diamante



 O CL Pintor de Castinande remata o primeiro trimestre deste curso coa lectura da novela La Plaza del Diamante, da escritora catalana Mercè Rodoreda Gurguí. 

A protagonista desta historia é Natalia, a "Colometa", unha muller coma moitas outras ás que lles tocou vivir a Guerra Civil. Verá morrer aos seus seres queridos e pasará fame e miseria.

Publicada en 1962 tivo un éxito extraordinario, foi traducida ao castelán en 1965 e posteriormente ao inglés, francés, italiano , entre outros idiomas, e foi considerada a novela máis importante da posguerra.






Mercè Rodoreda , nada en Barcelona en 1908, está considerada unha das escritoras de lingua catalá máis influentes da súa época. Na Fundación que leva o seu nome atopamos moita información sobre a vida e a obra desta escritora.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán