Ir al contenido principal
http://www.mcu.es/bibliotecas/img/Cart_dia_bca_2012.jpg 
DÍA DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO

O día 24 de outubro celebramos cós nenos e nenas do CEIP Virxe do Carme de Sober a posta en marcha da sua biblioteca escolar. En globos de cores escribiron os títulos dos contos preferidos e debuxaron as persoaxes protagonistas. Un neno e unha nena de 6º curso leron o pregón feito para este día polo presidente da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, José María Gutiérrez de la Torre.
 Noraboa as mestras Flora e Montse por recuperar esa biblioteca tan fermosa .




Xa pola tarde, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibiu na Biblioteca Pública á todos os membros da Corporación Municipal para convidalos a que se fagan socios e animen aos seus familiares e amigos a formar parte “da gran familia literaria de Sober”. Para iso, o alcalde entregoulles unha carta na que se enxalzan as posibilidades formativas e de entretemento que a lectura achega a persoas de todas as idades.

Fernández Guitián recorda a ampla oferta literaria, didáctica e de formatos que ofrece a Biblioteca Municipal, polo que se dirixirá a todos os gremios e colectivos do Concello co obxectivo de incrementar o número de socios. Refírese nesta carta  a un espazo “de referencia, encontro e intercambio tanto para os máis novos como para os adultos”. 


Por último, e dentro da conmemoración do Día Internacional da Biblioteca, o venres 26 tivemos unha xornada de portas abertas na que traballamos coa lectura do libro Os Bolechas queren saber cómo é a biblioteca, do autor Pepe Carreiro, fixemos avións de papel e decoramos globos con títulos de peliculas. Os nenos coñeceron a clasificación dos libros por materias nos antigos ficheiros e deseguido visitamos a páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia para atopar o catálogo da biblioteca de Sober.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán