Ir al contenido principal

CLUB DE LECTURA en marzo


A obra
Michael Berg ten quince anos. Un día, voltando para casa do colexo, atópase mal e unha muller o axuda. A muller chámase Hanna e ten trinta e seis anos. Semanas despois o rapaz, agradecido, lévalle a sua casa un ramo de flores. Éste será o principio dunha relación erótica na que, antes de amarse, ela siempre lle pide a Michael que lle lea en voz alta fragmentos de SchillerGoethe,TolstóiDickens… O ritual repítese durante varios meses, ata que un día Hanna desaparece sen deixar rastro… Oito anos máis tarde, sendo estudiante de Dereito, Michael volta a vela, pero nunha situación que xamáis se lle ocurriría.

O autor
Bernhard Schlink é un escritor y especialista en leis alemán nacido o 6 de jullo de 1944 en Bielefeld. Foi xuíz do Tribunal Constitucional do lander de Renania del Norte-Westfalia e profesor de Historia do Dereito na Universidad Humboldt de Berlín. Como escritor cobrou sona cunha  serie de novelas de corte policiaco protagonizadas por Selbst (xogo  de palabras que en alemán significa “eu mesmo”). A primeira das súas novelas desta serie, de 1987, Selbs Justiz (La justicia de Selb) escrita en colaboración con Walter Popp. Posteriormente aparecerían Die gordische Schleife (El nudo gordiano, 1989), que acadou o premio  Glauser, e Selbs Betrug (El engaño de Selb, 1992).
Der Voesler (El lector, 1995), parcialmente autobiográfica, foi un éxito de ventas en Alemania e se taduciu  posteriormente a varias ducias de idiomas, gañando os premios Hans Fallada, Ehrengabe e Welt (os tres en Alemania), Grinzane Cavour e Laure Bataillon en Francia e Grinzane Cavour en Italia.  En 2008  adaptouse ó cine polo director Stephen Daldry, tendo como protagonistas a Ralph Fiennes e á   actriz británica Kate Winslet, que tivo varios premios pola súa  interpretación.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán