Ir al contenido principal

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



  A BIBLIOTECA DE SOBER PROGRAMA AS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR 
O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 
 2 DE ABRIL 

EN COLABORACIÓN COA OEPLI
  ( Organización española para el libro infantil y juvenil )

 E A SECCIÓN EN GALICIA, GALIX
 ( Asociación galega do libro infantil e xuvenil ).


gallina 

.LECTURA  DA MENSAXE DA ESCRITORA PAT MORA E DIFUSIÓN DO CARTEL FEITO POR ASHLEY BRYAN :


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos bulliciosos nas súas páxinas, 
osos que cantan
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas.
Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas, 
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de : PAT MORA
Traducción de : CONCHA BLANCO


. A celebración do nacemento de Hans Christian Andersen será na Biblioteca do CEIP "Virxe do Carme " de Sober, ás 12 da mañá , coa lectura da mensaxe da escritora americana Pat Mora , e a creación de puzzles a partir dos contos de Andersen.
. Faremos tamén a actividade de bookcrossing : liberaremos libros en Sober e nas parroquias e lugares de Canabal, Arxemil, Doade, Neiras e Cadeiras.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán