Ir al contenido principal

23 DE ABRIL : CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do Libro, o día 23 de abril, a Biblioteca do Saviñao, en colaboración coa Biblioteca de Sober e o seu Club de Lectura "Pintor de Castinande" organizan unha excursión, para coñecer algún dos enclaves culturais e patrimoniais máis representativos do concello do Saviñao.
Os desprazamentos faranse nos coches dos propios asistentes, polo que é importante anotarse para saber o número de participantes e de cantos coches se disporá, para poder organizar os desprazamentos.
A celebración comezará na Biblioteca Municipal do Saviñao ás 17.00 h.
Comezará cunha visita guiada e un acto conmemorativo, e se a meteoroloxía non o impide, desprazarémonos a dous enclaves próximos: Abuime e Seteventos.
Para anotarsechamar a estes números ou contactar con estes correos:




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán