Ir al contenido principal

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR


23 de abril


O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.Nesta data morre Cervantes , Shakespeare ,o Inca  Garcilaso de la Vega e outros ilustres escritores.

 Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)  



Pola mañá, na biblioteca do CEIP de Sober , proxectamos o audiovisual adicado a 
"Don Quijote de La Mancha", con textos desta obra que leron os alumnos, nais , mestres e tamén traballadores  do Concello  xunto có Alcalde de Sober e os usuarios da BPM así como os  integrantes do CL Pintor de Castinande.

Xa pola tarde o club de lectura tiña preparada unha visita á BPM de O Saviñao onde Mónica Carballo, a Bibliotecaria, nos recibiu e amosou as instalacións da Biblioteca e posteriormente realizamos unha excursión cultural con dous destinos : 

-  Dolmen de Abuime

-  Igrexa románica de Seteventos.










Membros do CL Pintor de Castinande coas bibliotecarias Mónica e Julia , no patio do edificio que alberga a BPM de Escairón.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán