Ir al contenido principal

La piedra lunar, de Wilkie Collins

LA PIEDRA LUNAR, de Wilkie Collins


Probablemente fose o mellor expoñente da literatura policial /suspenso/de misterio que visen as letras. Morto en 1889 no medio dun escándalo pola lectura do seu testamento, no que deixaba todo as súas mulleres, Collins foi o escritor que mellor construiu historias con tramas longas, ben detalladas e que non deixan nada o azar.

No caso de La piedra lunar, que o Club de lectura da Biblioteca remate de ler, o enigma consiste nunha pedra preciosa procedente  da India, regalada a unha doncela que aínda non cumpriu a súa maioría de idade, e que atesourada nun moble do seu cuarto, ao que supostamente ninguén tiña acceso, desaparece da noite á mañá.
Os fíos narrativos mostran lentamente, con moita sutileza por parte de Collins , as causas do roubo. 
Novela publicada en 1868, é considerada por algún crítico como a súa obra maestra, e como a máis perfecta novela policíaca do século XIX. Na literatura de misterio de Collins aparecen críticas á sociedade victoriana e contén descripcións deliciosas que permiten tamén manter o suspense. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán