Ir al contenido principal

NIMBOS, de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

17 DE MAIO 

                DÍA DAS LETRAS GALEGAS :


JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



En 1961  a Editorial Galaxia publica NIMBOS,  gracias á  insistencia de Fco Fernández del Riego y de Ramón Piñeiro, responsables desta editorial. Díaz Castro accede a editar este poemario composto de 32 poemas que ofrecen un amplo abano temático. Entre os temas principais destacan: a terra (Galicia), a preocupación existencial e relixiosa, a nostalxia da infancia, o mundo labrego, a poesía,  etc.

Penélope

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mól coma unha uva.

Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.



Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.



Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!



DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán