Ir al contenido principal

BIBLIOPISCINA





Este verán , de novo, podemos disfrutar das lecturas nas piscinas de Sober, grazas ó servizo da BIBLIOPISCINA que acerca os libros da biblioteca municipal ata estas instalacións.


Unha selección de libros  para todas as idades , que están a disposición dos bañistas , como unha oferta para o tempo de lecer e dentro da promoción do libro e da lectura que realiza o Concello de Sober a través da Biblioteca Pública.


Para acceder a este servizo bibliotecario non cómpre ningún tipo de carné da Biblioteca senón que posúe un acceso libre e gratuíto, e tampouco supón custe adicional algún para as persoas que acceden ás Piscinas Municipais.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán