Ir al contenido principal

Premios Mulleres de Lemos no DÍA DA BIBLIOTECA



O día 24 de outubro, para celebrar o Día da Biblioteca, o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano unha cea na que se xuntaron persoas 
relacionadas coa cultura , a lectura e a educación.


A biblioteca de Sober tamén estivo representada e neste acto entregáronse os premios 

ós gañadores do Certame MULLERES DE LEMOS  adicado este ano a María Castaña.



1º premio divulgación :             XURXO AYÁN

1º premio Banda Deseñada :    SARA RODRÍGUEZ BARRIENTOS

Accésit Banda Deseñada :        VÍCTOR DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ




O alcalde de Sober entrega un agasallo.


Xabier Quiroga, presente neste acto, le o seu texto : "A miña biblioteca, a miña casa"




                        


Proxectouse o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación de Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola Porto. 





  Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado no próximo ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.












Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán