Ir al contenido principal

Universo de libros



24 de outubro : DÍA DA BIBLIOTECA

Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, dende 1997, en colaboración có Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o  DÍA DA BIBLIOTECA, có obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento o traballo dos  bibliotecarios/as.

Na comarca de Lemos , as bibliotecas municipais e escolares editamos un marcapáxinas que tamén leva un texto feito por OLGA NOVO (Vilarmao, A Pobra do Brollón, Lugo. 1975) 

"O célebre escritor arxentino Jorge Luis Borges imaxinou o Universo baixo a forma dunha biblioteca. E soñou tamén cun libro de area que non tiña fin. Eu sempre soñei coa imensa biblioteca de Alexandría que chegou a conter milleiros de papiros que tiñan enrolado todo o saber da Antigüidade .
Pero o meu universo de infancia non tiña libros. O meu universo de infancia tiña vacas. Tamén ovellas, coellos, cans... pero sobre todo vacas. O meu cuarto estaba xusto enriba da corte e escoitaba nas frías noites do inverno, tapada ata os olliños, o son das cadeas ás que estaban presas as vacas e oía os seus bufidos, a súa respiración e as quiexas daquelas que estaban a piques de parir.
Adormecía co seu alento e espertaba tamén co muar madrugador dalgunha delas que xa pedía que a minguiran. O caso é que naquel meu cuarto, xa na mocidade, empezou a albergar algúns libros , exemplares de poesía, libros de historia, manuais de feminismo, biografías, novelas de Tolstoi e de Flaubert, humildes edicións baratas dos clásicos libros mercados cos aforriños e libros regalados con xenerosidade, xoia do ouro do pracer máis prezado e a inmensa biblioteca entraba no meu cuarto polos soños. Eu acariñaba aqueles libros coma s efosen xentes queridas e debruzaba na madrugada sobre as súas páxinas viaxei polo mundo sen saír da pequena aldea, do pequeno cuarto, da pequena camadesde onde oía respirar as vacas.
E así foi como aqueles libros do meu cuarto recibiron o profundo perfume das vacas que vivían xusto debaixo e o tecido de papel impregnouse para sempre daquel olor. Aqueles libros viaxaron en maletas a Santiago, á Coruña e mesmo algún deles viñeron canada min vivir sete anos na Bretaña.Mais ninginha viaxe, ningún lugar, foi capaz de lle arrebatar o perfume : nin o mar da Coruña nin a marusía bretona se impuxeron ao olor da Herba e do alento das vacas. 
Por iso o meu universo de libros foi e será sempre un universo de vacas : a alta cultura leva para min o perfume labrego, o olor potente e profundo da máis fonda sabedoría do pobo. 

Olga Novo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán