Ir al contenido principal

CL-LA ANALFABETA, de Agota Kristof


 





Un relato autobiográfico é o subtítulo de La analfabeta. 
Aquí a escritora conta sen adornos a súa propia historia en oitenta páxinas. Son once capítulos para once momentos da súa intensa vida. Dunha infancia feliz á pobreza despois da guerra, pasando polos anos de soidade no internado, a morte de Stalin, a lingua materna e as linguas inimigas como o alemán e o ruso, a huída a Austria e a chegada a Lausanne co seu bebé. As palabras de Agota Kristof nunca son tristes, son xustas e precisas.























Agota Kristof naceu o 30 de  outubro de 1935 na cidade húngara de Cskvánd. Con 21 anos de idade abandona o seu país no momento en que a revolución húngara de 1956 foi aplastada polas tropas do Pacto de Varsovia. Ela có seu marido e a súa filla de 4 meses escaparon  a Neuchatel en Suiza.  Despois de  cinco anos de exilio e soidade , traballando nunha fábrica, deixa o traballo e sepárase do seu home. Agota Kristof comeza a estudiar francés e a escribir nese idioma, no que desenvolve unha extensa carreira literaria que abarca a poesía, o ensaio e a ficción. Faleceu no ano 2011.


 Os seus primeiros pasos como escritora foron no ámbito da poesía e o teatro.  O impacto desas obras será moi inferior ao que teñen as novelas da súa famosa triloxía, Le Grand Cahier, escrita  entre os anos 1987 e 1991 . Esta novela foi traducida a máis de 30 idiomas.

En 1995 publicou unha nova novela, Onte. En 2004 publica o relato autobiográfico A analfabeta , lectura coa que finalizamos  este curso do cl Pintor de Castinande.

O seu último traballo é unha colección de historias curtas titulada C?est égal. Editouse en 2005.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán