Ir al contenido principal

MAÑÁ NA BIBLIOTECA


PRESENTACIÓN DO LIBRO : 

CONVERSAS CON MANUEL MARÍA 


na Biblioteca ás 19:00h.



En palabras do propio autor : 


"un libro que nos achega en primeira persoa a voz do poeta da Terra Chá, o paso pola súa infancia e a chegada á madurez, as reflexións que o propio autor fai sobre a súa obra e sobre a súa época, desde o punto de vista social, cultural e tamén político”.


A voz de Manuel María tamén se incorpora a esta  edición a través dun CD no que o autor fala en cinco cortes das viaxes, de Uxío Novoneya, de Saleta, de Bernardino Graña e da Nova Canción Galega. A música completa o disco coas pezas “Cantiga de cego de Manuel María”, de Xosé Lois Foxo interpretada pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense; “O meu idioma”, de María Manuela, “O cuco”, de Suso Vaamonde, “O mar enrola na area”, de María do Ceo, e “O Camaleón” de Vicente Araguas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán