Ir al contenido principal

CL-EL DESORDEN QUE DEJAS, de Carlos Montero



O escritor Carlos Montero gañou o XX Premio Primavera de Novela pola súa obra EL DESORDEN QUE DEJAS, un intenso thriller psicolóxico en primeira persoa ambientado nun pobo chamado Novariz e que ten como protagonista a unha profesora de instituto.

Esta foi a proposta do club de lectura da biblioteca de Sober nas últimas semanas. 

Nas páxinas desta novela coñecemos a historia de Raquel, a profesora sustituta de literatura, no instituto de Novariz, un  pobo do que tamén procede o seu marido. Xa no primeiro día de traballo decátase de que Elvira, a súa predecesora,  suicidouse e ao finalizar as clases atopa no seu bolso unha nota cunha funesta pregunta: "E ti canto vas tardar en matarte?".

Raquel tentará pescudar quen está detrás desa ameaza, e obsesionarase co que lle ocorreu á antiga profesora. O suspense será un compoñente fundamental desta historia, que trancurre áxil e entretida , cuns  personaxes verosímiles e próximos, e na que se mesturan intereses e turbios segredos. 
Unha historia ambientada nun pobo galego chea de mentiras e de moitos segredos. 




O autor : 

Carlos Montero, nunha imaxe de arquivo.   EFE

Escritor e guionista galego nado en Celanova en 1972. Licenciado en Ciencias da Información , traballa como guionista para televisión e cine. 
"El desorden que dejas" é a súa segunda novela. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán