Ir al contenido principal

BANDA DESEÑADA GALEGA






Xulio Carballo Dopico presentou a súa proposta : LER A NOSA BD! :  Unha viaxe polas obras e autores da Banda Deseñada Galega. Foi na biblioteca de Sober o mércores 7 de xuño ás 19:00.

O público asistente , formado polos integrantes do noso club de lectura, "Pintor de Castinande",  asistiu moi interesado as explicacións que Xulio C. Dopico nos deu, facendo un percorrido histórico polo cómic galego. 
Apoiado por imaxes, e coa súa boa disertación, as persoas asistentes quedaron moi satisfeitas deste encontro. Nel aprendemos moitas cousas dos nosos ilustradores, grandes debuxantes recoñecidos a nivel nacional e tamén internacional.

→→→→→→→→→→→→→→→→→→↓

Na biblioteca de Sober existe  unha boa colección de cómic de diferentes estilos e nacionalidades. 
Podes atopalos na biblioteca có rótulo BD listos para o préstamo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán