Ir al contenido principal

La ley del menor, de Ian Mcewan




O CL Pintor de Castinande comeza o curso 2017/18 coa lectura desta novela.

"La ley era clara, su consideración prioritaria era el bienestar del menor. ¿Cuántas páginas y cuántas sentencias había dedicado a este concepto?  Pensó que sus responsabilidades terminaban dentro de las paredes del tribunal. Pero ¿cómo podían terminar allí?

Fiona Mayer, xuíza do Tribunal Supremo, especializada en dereito de familia e  protagonista deste historia, faise estas reflexións ao comezo do relato facendo partícipe aos lectores da súa vida laboral pero tambien entrando na súa propia vida familiar.

A través das páxinas desta novela, moi realista, o autor presenta diversos casos nos que Fiona terá que resolver en sentencias xudiciais  : pais xudeus ;  pai marroquí e nai inglesa;  altercados  polo lugar de residencia dos nenos;  litixios motivados por viviendas , pensións, ingresos ou herdanzas ; os patrimonios mais grandes eran os que chegaban ao tribunal superior. 
Fiona cría no dereito de familia, no que estaban por diante as necesidades dos nenos sobre as dos seus pais. Nesta obra  a razon enfróntase á fe : no caso de Adam ,testemuña de Jehová, que se nega a recibir unha transfusión. Tócalle á xuíza decidir se os médicos lle inxectan vida en contra da súa vontade, é dicir se unha persoa ten dereito a morrer polas súas conviccións ou se o estado pode forzala a actuar de xeito racional.

Excelente novela para un club de lectura, pois provoca moito debate e participación dos integrantes. 



O autor : IAN MCEWAN

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán