Ir al contenido principal

PARABÉNS BIBLIOTECA



Durante o mes de outubro a BPM de Sober programou unha serie de actividades con motivo da celebración do 24 de outubro ,  DÍA DA BIBLIOTECA : o mércores 11 contamos coa participación de ANTÓN VALCARCE, que nos presentou o seu novo libro de relatos " Contáronme que che contara " ; o venres 13 estivo FÁTIMA FERNÁNDEZ, cós seus CONTOS REVOLTOS

Fátima Fernández e Antón Valcarce


E así ata chegar ata o martes 24 no que a biblioteca recibe a visita dos alumnos de primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. 


Lectura do pregón polo Alcalde de Sober Luís Fdez. Guitián

Durante a visita realizada á biblioteca pública, os escolares recibiron información dos servicios que ofrece a biblioteca e  os distintos materiais que compoñen o seu catálogo . Para rematar este acto os nenos  foron agasallados con marcapáxinas feito para este día e que levan textos de dous escritores da nosa comarca : Lois Diéguez con " A estrela de MM"  e Manuel Veiga con "O escritor fala dos libros".




  •  Mércores 25 

O editor  José María Lago, veciño de Sober, fixo a presentación da novela : "Gran sonata para escudos decadentes, oscuras soledades y un clave" de Juan Martínez de la Vega.

 O autor desta extensa narración , finou recentemente, xusto cando preparaba a presentación desta novela histórica na que repasa a súa biografía e á que adicou os últimos dez anos da súa vida. 

A presentación fíxose durante o encontro semanal  que o  club de lectura Pintor de Castinande fai cada mércores e a que asistiron tamén  outras persoas que se achegaron ese día ata a biblioteca.




O sábado 21 de outubro tivo lugar a celebración dunha cea por parte do Colectivo Lemos Le, do cal forma parte a BPM de Sober. Compartimos a commemoración neste enlace  do seu blog : DÍA DA BIBLIOTECA .







O proxecto presentado á XVIII Campaña organizada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que presentamos baixo o título de SOBER LE 2017, obtivo un dos premios concedidos este ano. 


GRAZAS A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE QUE A BIBLIOTECA DE SOBER poida seguir estando presente nas vosas vidas e que esté incluida nos vosos plans. 

QUE VIVA Á LECTURA ¡¡¡¡



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.