Ir al contenido principal

En novembro : CONTAMOS CON ELAS



Durante o mes de novembro o Programa de Animación á Lectura Merendas con contos
desarrollou as actividades dos venres en colaboración con mulleres que quixeron mostrarnos as súas habilidades en diferentes campos. 

Lorena, Teresa, Alba, Aroa, Lisbeth e Viki traballaron na biblioteca cós nenos e as nenas de Sober, 




 Lorena Quintas Rejo  realiza  decoración artesanal baseada na elaboración de cadros con fíos. No seu blog https://xogodefios podemos coñecer e admirar o seu traballo. 

Nesta tarde das merendas con contos tivemos un obradoiro cós nenos e as nenas que viñeron á biblioteca e ademáis montamos unha exposición cós traballos de Lorena que tivo moitas visitas durante este mes de novembro.








 Teresa Grau nas súas propias palabras : "Curiosa y vital, recorro muchos caminos: psicología, expresión corporal, teatro, doblaje, radio… hasta llegar a la narración oral donde por fin me he detenido y soy feliz.

Me tomo muy en serio conocerme, pero cuando cuento me trasformo y me sale la parte payasa, y eso me gusta.

Creo y siento que los cuentos son vitales en esta sociedad de la imagen que monopoliza a los héroes y heroínas de nuestros niñ@s y jóvenes, porque con tanta imagen enlatada la imaginación necesita de la lectura o escuchar historias para no languidecer.

Soy optimista, y creo que si cada cual crece y mejora, el planeta crecerá y evolucionará también.

Me he retirado con mi marido a una aldea del interior de la Ribera Sacra (Arxemil, cerca de Sober) y desde este entorno de naturaleza virgen espero que yo y mis historias sigamos creciendo."


Curro e Rosita : contos sobre a tolerancia e amizade



Obradoiro musical con Aroa Fernández Saá : percusión e piano
Lisbeth Sánchez Díaz : clarinete
Alba Varela Losada : percusión
Iago Varela Losada : trompeta

Este grupo de mozas acompañadas por Iago son alumnos  da Escola Municipal de Música de Sober, nela se formaron e aquí continúan a súa  aprendizaxe. Na biblioteca fixeron un pequeno concerto e  presentaron os distintos instrumentos aos asistentes. 




 Obradoiro de decoración de cabazas e bolas con Victoria Díaz Arias. Formada na Escola de Artes e Oficios de Barcelona, esta soberina trouxo ata biblioteca a súa creatividade e ensinou aos máis cativos diversas técnicas para elaborar a  decoración de nadal. 


Grazas a todas estas mozas por acompañarnos os venres na biblioteca.




A lectura das merendas do mes de novembro    : 
XELA VOLVEUSE VAMPIRA , de Fina Casalderrey : "A protagonista é unha profesora que se chama Xela. Os nenos e nenas estaban moi contentos con ela pero este ano non saben o que lle pasa porque non xoga con eles e elas no recreo nin tampouco ri e cando toca o timbre quédase na clase a escuras; tampouco trae caramelos de mel. 
A profesora Xela chegou un día a clase cunha lentes de cor negra e unha bufanda, e detrás dunha orella unha marca vermella e os ollos morados. Isto vírono cando a Xela se lle caeron as gafas e a bufanda. Os rapaces pensaron que se estaba convertendo en vampira, menos Breixo que pensaba que estaba mala de tristeza".


Na aula de informática , dirixidos por Rocío Fernández , os nenos e as nenas participantes nos venres das "Merendascon contos " comezan a familiarizarse co teclado, coa  mecanografía e tamén  algúns aspectos básicos de diferentes programas de deseño, para realizar con eles  tarxetas de  agasallo  as nosas invitadas.


Aula de informática do Centro Sociocultural

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán