Ir al contenido principal

CL-Grandes Esperanzas, de Charles Dickens

Coñecemos no CL un anaco da obra de CHARLES DICKENS a través da súa novela "Grandes Esperanzas". 
Primeiro foi publicada como serie desde o 1 de decembro do 1860 ata agosto de 1861 nunha revista literaria, algo moi usual e que caracteriza á publicación de novelas nos anos corenta , as  novelas por entregas, normalmente en fascículos mensuais que se vendían ao prezo dun chelín.
 Foi adaptada a obras teatrais e cinematográficas en máis de 250 ocasións. 

Narra a historia de Phillip Pirrip, PIP un orfo aprendiz de ferreiro cuxa aspiración pasará a ser converterse nun nobre cabaleiro, describindo a súa vida desde a nenez ata a madurez.

A historia pode ser considerada unha autobiografía de Dickens, onde do mesmo xeito que en moitas das súas obras mestura as experiencias da súa vida coa súa contorna social. 

A trama desta novela comeza no nadal de 1812, cando Pip ten 13 anos e esténdese ata o inverno de 1840. Está ambientada na campiña de Kent e de Londres, lugares ben coñecidos polo autor, inspirados en localizacións da propia infancia de Dickens. 

Sen dúbida, o mellor da novela son os personaxes :  a señorita Havisham e Estella, o señor Jagger, Wemmick e Magwitch, Joe e Biddy... e por suposto Pip, o protagonista desta novela : " Al ser el apellido de mi padre Pirrip y mi nombre de pila Philip, mi infantil lengua de trapo no consiguió sacar de ambos nada más largo ni más explícito que Pip, de modo que me llamé a mí mismo Pip y me llamaron Pip. "

  O autor : CHARLES DICKENS
Charles Dickens lendo coas  súas fillas na casa de Gad`s Hill.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán