Ir al contenido principal

Unha xoia para o Káiser


Interesante e entretida historia a que MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO conta na súa última novela e que foi a lectura escollida polo cl da biblioteca neste mes de xaneiro.

Pon de actualidade o ocorrido en Monforte de Lemos co cadro "A adoración dos reis", unha obra de gran valor, do pintor flamenco Hugo van der Goes .
Pertencía ao legado do Cardeal Rodrigo de Castro , que se conservaba no Museo dos Escolapios, e que se vendeu ao Káiser Museo de Berlín en 1913 . Esta venda produciu unha revolta , pois o pobo monfortino non estaba disposto a perder parte do seu patrimonio.

Nas páxinas desta novela histórica , a acción real desenvólvese no ano 2017 a través dos personaxes de Manuel Barcia e Lina que son os que traen á actualidade o ocorrido co cadro de Hugo Van der Goes, mentres se ven inmersos nunha investigación sobre tráfico ilegal de obras de arte.

Á beira destes personaxes de ficción atopámonos con outros reais: Antonio Méndez Casal, historiador e crítico de arte ; Joaquín Arias Sanjurjo, avogado e político ; os escritores Niceto Oneca e Borja Corral, defensores da permanencia do cadro nos Escolapios e en contra da súa venda.

MARGARITA R. OTERO realiza un gran traballo de documentación e investigación histórica e demostra , unha vez máis , a súa pasión polos temas relacionados con Monforte de Lemos e a súa comarca.


O mércores 16 de xaneiro tivemos a sorte de que a propia autora asistise á reunión semanal do CL Pintor de Castinande . Falamos da trama, dos personaxes, do cadro de Van der Goes, do resultado da venda, dos beneficios que se esperaban con esta venda, dos novos proxectos da autora...
Unha tarde enriquecedora e todo un "luxo" poder contar coa presencia de Margarita, estupenda oradora e gran coñecedora da historia de Monforte de Lemos. GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.